domingo, 23 de marzo de 2014

DÍA DA ÁRBORE

As árbores son un elemento da natureza que están moi presentes na nosa escola, cumprindo funcións fundamentais: depurar o aire, ofertarnos sombra, así como facernos gozar do seu gran valor estético.
Neste día gústanos contribuír nos seus coidados a través dunha actividade: OS ENXERTOS.

Coa axuda de Jaime, aprendimos a facer un enxerto dunha cerdeira a outra.

1. Cortar e pelar as ramas e o tronco da árbore.


2. Facer un corte na parte central do tronco.


3. Introducir a rama pelada da cerdeira no interior do corte.


4. Sellalo, introducindo un componente cicatrizante.


5. Cubrilo con bimbio. 


6. Protexelo cun cilindro plástico.


7. E tamén con toxos.





E o mellor de todo... O BEN QUE O PASAMOS!

Ningún comentario:

Publicar un comentario