martes, 6 de maio de 2014

AS CUADRÍCULAS

Na clase presentamos un novo xogo que incorporaremos
ao noso recuncho da lóxica-matemática:

AS CUADRÍCULAS

Neste xogo os nenos/as terán que por en marcha unha serie de estratexias complexas, como son a atención - por medio da observación da plantilla -, a identificación e correspondencia - asociando a cor coa figura correspondente - , o cálculo - agrupando as figuras en torno á súa cor -, a organización espacial - a través da posición que ocupan as figuras en relación ao espazo-, así como a autoavaliación - analizando se os elementos e a súa posición son os correctos -, e corrección - individual, pequenos grupos, mestra/alumno/a -.

O material do xogo é tan sinxelo que incluso podedes facelo na casa para xogar cos cativos.

1. PRESENTÁMOSLLE A PLANTILLA


2. DÁMOSLLE UNHA PLANTILLA EN BRANCO.

3. NA PARTE INFERIOR ESCRIBIRÁN  CON DIFERENTES SÍMBOLOS (LETRA-NÚMERO-RAIAS...) OS ELEMENTOS QUE PRECISARÁN E QUE LLE PEDIRÁN Á MESTRA.


ESTE FOI O PROCESO...









ESTE O RESULTADO...























Ningún comentario:

Publicar un comentario