domingo, 30 de novembro de 2014

A BIBLIOTECA DE AULA

A biblioteca está moi presente na dinámica e funcionamento da aula.
Os nenos e nenas dispoñen da biblioteca como un recuncho habitual, no que poden atopar, ademais de contos organizados por editoriais, outros recursos variados como son:

- dicionarios
- libros de consulta
- libros de poemas
- revistas do cole
- libriños elaborados polos nenos/as
- materiais diversos dirixidos ao fomento da lecto-escritura (crebacabezas de letras, pizarras con letras magnéticas, libro de trazos, cosido de letras, o xogo das iniciais, o libriño dos nomes...)

A presenza destes recursos organizados nun mesmo espazo, busca aproximar ao alumnado de Educación Infantil a diversos tipos de textos, permitíndolle identificar a súa funcionalidade e facer un uso dos mesmos nun contexto determinado. Outro dos obxectivos que perseguimos é o de crear un espazo de recollemento e de compartir cos compañeiros/as, a través da lectura conxunta ou de momentos de descanso.



Outra das actividades que forman parte do traballo da biblioteca é o préstamo de contos. Ao comezo de curso cada neno/a selecciona un conto que formará parte dun listado de préstamo de contos. Cada venres os alumnos/as escollen un conto de entre os seleccionados, apuntándoo na súa folla de rexistro que levan a casa na carpeta, xunto co conto e coa tarxeta do título correspondente.

4º E.I. - 3 ANOS



5º E.I. - 4 ANOS



Ningún comentario:

Publicar un comentario