domingo, 9 de novembro de 2014

AS ÁRBORES E O IOGA

POR QUE PRACTICAMOS IOGA?

Dende o curso pasado comezamos a practicar ioga na escola debido aos beneficios que nos aporta.


A sesión consistiu na representación  co corpo do nacemento dunha maceira, partindo da semente dunha mazá.

Unha mazá cae dunha maceira. No chan a mazá descomponse ata so quedar a pepita. Esa pepita será a semente dunha nova árbore, que crecerá coa axuda do sol e da auga.
Pouco a pouco irá medrando: tronco firme, raíces fortes, polas, follas, flores... Ata a aparición do froito: a MAZÁ.
Esa mazá caerá da maceira cando estea madura e repetirá o proceso, lentamente, como o noso corpo, transformándose dende unha pequena parte, a semente, a un todo, a árbore.

Ningún comentario:

Publicar un comentario