luns, 1 de decembro de 2014

PARA QUE EMPREGAMOS OS CATÁLOGOS DE XOGUETES?

Coa chegada do Nadal aparecen na escola os catálogos de xoguetes. 

Pero..."PARA QUE OS EMPREGAMOS?"

- Para clasificar os xoguetes en categorías, atendendo a súa funcionalidade (lóxica, lectura, xogos de mesa...).

- Para traballar a lectoescritura a través do nome (etiquetar o catálogo).

- Para xerar diálogos a través da presentación do catálogo (significado do termo, nome da tenda, orixe do catálogo...).

- Para compartir momentos de recollida.

- Para fomentar valores de tolerancia, respecto, igualdade...

Ningún comentario:

Publicar un comentario