martes, 24 de febreiro de 2015

BLOQUES LÓXICOS DIENES

XIANA SORPRENDEUNOS CUN OBSEQUIO QUE O SEU PAI JUANMA FIXO PARA NÓS: UNS BLOQUES LÓXICOS DE CORES!

ABRIMOS A CAIXA CON MOITA ILUSIÓN...



XIANA EXPLICOUNOS COMO EMPREGAR O MATERIAL...


"Facer castelos e casas"
"Construír a vía do tren"
"Debuxar camiños"
"Deseñar unha estrada"

A FINALIDADE DOS BLOQUES LÓXICOS, ADEMAIS DA DE CONSTRUÍR, É A DE TRABALLAR OS PROCESOS LÓXICOS NA APRENDIZAXE DAS MATEMÁTICAS A TRAVÉS DE ACTIVIDADES COMO:

- Nomear e recoñecer cada bloque.

- Recoñecer as variables e valores destes.

- Clasificalos atendendo a un ou a varios criterios.

- Comparar os bloques establecendo semellanzas e diferenzas.

- Realizar seriacións seguindo unha ou varias regras.

- Establecer a relación de pertenza a conxuntos.

- Definir elementos pola negación.

- Introducir o concepto básico de número.


MOITAS GRAZAS JUANMA!

Ningún comentario:

Publicar un comentario