xoves, 25 de febreiro de 2016

HOMENAXE A ROSALÍA DE CASTRO

O 24 DE FEBREIRO DE 1837 TIVO LUGAR O NACEMENTO DE ROSALÍA DE CASTRO.
HOXE, 24 DE FEBREIRO DO 2016, HOMENAXEAMOS A ESTA GRAN POETISA GALEGA DO SÉCULO XIX A TRAVÉS DA LECTURA DO SEU POEMA:

"ADIÓS RÍOS, ADIÓS FONTES"

MANTEÑAMOS VIVA A FIGURA DE ROSALÍA DE CASTRO A TRAVÉS DA LECTURA EN FAMILIA DOS SEUS MARABILLOSOS VERSOS!

Adiós ríos, adiós fontes
Adiós ríos, adiós fontes
adiós, regatos pequenos;
adiós, vista dos meus ollos,
non sei cándo nos veremos.

Miña terra, miña terra,
terra donde m’eu criei,
hortiña que quero tanto,
figueiriñas que prantei.

Prados, ríos, arboredas,
pinares que move o vento,
paxariños piadores,
casiña d’o meu contento.

Muiño dos castañares,
noites craras do luar,
campaniñas timbradoiras
da igrexiña do lugar.

Amoriñas das silveiras
que eu lle daba ó meu amor,
camiñiños antre o millo,
¡adiós para sempre adiós!

¡Adiós, gloria! ¡Adiós, contento!
¡Deixo a casa onde nacín,
deixo a aldea que conoso,
por un mundo que non vin!

Deixo amigos por extraños,
deixo a veiga polo mar;
deixo, en fin, canto ben quero…
¡quén puidera non deixar!


Ningún comentario:

Publicar un comentario