Páxinas

mércores, 29 de abril de 2015

TECENDO REDES DE AMIZADE

Con motivo do aniversario de Iván, xurdiu un xogo a partir dun ovillo de lá.
Cada un dos nenos/as da aula lanzaba o ovillo de lá a un compañeiro/a á vez que dicía algo positivo del.

O que máis me gusta de ti é...
Es o meu amigo/a porque...
Síntome a gusto contigo cando...

Démonos conta de canto nos custa empregar estas expresións, de que difícil era dicilo mirando á cara e  de que complicado era atopar os adxectivos cualificativos máis axeitados para cada un e unha de nós.

Animámosvos a facer este xogo na casa!


mércores, 22 de abril de 2015

PROGRAMA PRENSA-ESCOLA DA VOZ DE GALICIA

Neste curso 2014-2015 o alumnado de Educación Infantil e 2º ciclo de Educación Primaria propúxose participar no  Programa Prensa-Escola da Voz de Galicia que se desenvolve en colaboración co  Programa Voz Natura co que estamos colaborando dende o curso pasado.

Este concurso, aberto a toda a comunidade escolar galega, busca que os alumnos/as dende a Educación Infantil ata etapas superiores, se familiaricen coa lectura e o manexo do xornal e desenvolvan a súa capacidade de exposición e redacción baseándose nas informacións publicadas na edición impresa ou dixital da Voz de Galicia.


















Grazas familias pola vosa colaboración!

DESEÑO DE XOIAS

DESEÑOS DE XOIAS REALIZADOS POLO ALUMNADO DE PRIMARIA

mércores, 15 de abril de 2015

DERRIBANDO OS MUROS DA EDUCACIÓN

Fermín Blanco e David Rodríguez presentan ao alumnado de Primaria a proposta "Repensando a escola" a través da obra de Gordon Matta Clark.



"Derribando os muros da educación" Fermín Blanco

Decidimos plasmar a súa obra a través da creación dunha elipse na antigua casa do mestre. 

- O primeiro paso foi solicitar a axuda dos operarios do concello.


- Experimentamos cos novos espazos creados: marcando a elipse proxectada, explorando a apertura das formas, xogando coas sombras...