xoves, 4 de xuño de 2015

OS QUESIÑOS DA VACA QUE RÍE

Como xa vos dariades conta, nas aulas de infantil facemos uso de todos os materiais que rodean aos nenos/as; neste caso os triángulos dos quesiños da vaca que ríe, nos que aparecen representados as letras do abecedario.
Estes recursos favorecen a aproximación do alumnado á lectura e escritura, a través dun uso natural e espontáneo do material, así como da consecución dun fin concreto: a elaboración do seu propio discurso (palabra, frase...).

CAL É O OBXECTIVO QUE PERSIGUE A ACTIVIDADE?

- Discriminar e clasificar as letras.
- Identificar unha palabra como a suma de letras, colocadas seguindo unha orde determinada.
- Crear palabras a través da unión de letras.
- Inventar palabras por medio da suma de novos segmentos.
- Reproducir palabras próximas a súa realidade (nomes, apelidos, familia, emocións...).



Ningún comentario:

Publicar un comentario