mércores, 2 de setembro de 2015

PERÍODO DE ADAPTACIÓN 15-16

CALENDARIO PERÍODO DE ADAPTACIÓN DOS NENOS E NENAS DE 3 ANOS
Co fin de facilitar a incorporación do alumnado de 4º de Educación Infantil (3 anos) ou aquel que se incorpora por vez primeira ao centro, levarase a cabo o período de adaptación do neno/a á escola, período que non debería prolongarse con posterioridade ao día 24 de setembro do 2015, tal e como se recolle na  Orde do 8 de xuño de 2015 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2015/2016.

O período de adaptación é o intervalo temporal que nenos e nenas necesitan para asimilar os cambios producidos na súa vida ao incorporarse ao centro escolar. Trátase dun conxunto de fases sucesivas a través das cales as crianzas adáptanse a un medio novo, ao  medio escolar, que ata entón resulta para eles e elas descoñecido.

A incorporación dos rapaces e rapazas por primeira vez á Educación Infantil, supón unha ruptura co seu pequeno mundo e a entrada noutro máis amplo. Por isto é importante que o proceso de adaptación á escola deba ser planificado  pedagoxicamente, de tal xeito que a escolarización supoña para  os pequenos/as e para as familias o menor custo afectivo e emocional.

GRUPO A
GRUPO B
Telmo Canosa Barco
Paulo Daniel Clavijo Vázquez
Álvaro Fernández Rúa
Leo Gamallo Lareo
Zoe García Peiteado
Antón Lortes Cuntrín

Carlota Mera Río

VENRES, 11

GRUPO A
10:00 – 11:00
GRUPO B
12:00 – 13:00



LUNS, 14

MARTES, 15
MÉRCORES, 16
XOVES, 17
VENRES, 18

GRUPO A + B
10:00 – 12:00


GRUPO A + B
10:00 – 12:00


GRUPO A + B
10:00 – 13:00


GRUPO A + B
10:00 – 13:00


GRUPO A + B
10:00 – 14:00




LUNS, 21

MARTES, 23
MÉRCORES, 24

FESTIVO LOCAL

GRUPO A + B
10:00 – 14:00

HORARIO HABITUAL
9:30 – 14:30









(*) O xoves 10 de setembro, en horario de 10:00 a 13:00, terá lugar para o alumnado de nova incorporación unha xornada de portas abertas acompañado dalgún membro da familia.

Moitas grazas pola vosa colaboración!                                                                          
Reciban un cordial saúdo.O equipo de infantil





BOLETÍN INFORMATIVO COMEZO DO CURSO 2015 -2016


§  MATERIAIS: CON NOME!
         Materiais de uso diario:
o   Gorra, vaso, mandilón.
o   (*) Comedor: mandilón, cepillo de dentes e pasta (bolsiña na mochila).
         Materiais para a aula:
o   Carpeta para o servizo de préstamo de contos (biblioteca).
o   Un paquete de folios de 500.
o   Unha caixa de panos.
o   Un paquete de “toallitas” húmidas (tirar polo inodoro).

(*) Todos os materiais deberán ir dentro dunha bolsa co nome do neno/a por fora.

§  ENTREVISTA INICIAL:
o   Individual.
o   Mes de setembro.

§  REUNIÓN DE CICLO:
o   Grupal (ciclo de Infantil).
o   Mes de setembro.

§  AUTORIZACIÓNS:
o   Saídas escolares nas proximidades do centro.
o   Actividades extraescolares – autobús (en cada unha das saídas).
o   Relixión/Alternativa.
o   Emprego da imaxe do neno/a:

§  SUXESTIÓNS:
o   Puntualidade – importancia das rutinas de entrada.
ü Setembro – xuño: 9:30 – 14:30
ü Horario habitual: 10:00 – 13:00         15:00 – 17:00
o   Estar cos nenos/as ata que soe o timbre de entrada.
o   Roupa cómoda e que se poida manchar (pantalóns con goma).
o   Merenda saudable (cadro de merendas).

Ningún comentario:

Publicar un comentario