martes, 1 de decembro de 2015

NA CASA DA MIÑA AVOA

Esta semana estivemos lendo, escoitando e xogando co libro-cd de Mamá Cabra: "Xa me tardan estes Magos".


No momento do conto os encargados/as do día escolleron a cantiga: "Na casa da miña avoa". 
- Lémola
- Analizámola (estrutura e contido)
- Distribuímonos en 3 grupos, atendendo aos animais: ratiños, canciños e michiños.
- Bailamos a cantiga, agardando a nosa quenda de actuación.
- Debuxamos o animal, escribindo o seu nome en diminutivo.
- Limos o título e escribímolo de maneira individual na cantiga impresa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario