martes, 19 de xaneiro de 2016

O RATIÑO PÉREZ

Hoxe tivo lugar un gran acontecemento: A Joel caeulle un dente durante a asemblea. Gardámolo nunha bolsiña e observamos a súa forma. Saíron comentarios moi diversos:

- Que pequeno!
- Ten sangue!
- En que lugar da boca estaba?
- Caeulle so ou arrancouno?
- E agora? Naceralle un novo dente?
- Virá o ratiño Pérez pola noite a súa habitación?
- ...

Aquí vos deixamos unha magnífica animación en 3 D na que se narra a historia do ratiño Perez dende que deixamos o dente debaixo da almofada ata que atopamos a gran sorpresa.




Ningún comentario:

Publicar un comentario