venres, 12 de febreiro de 2016

CANDO NACÍN?

A comezos do ano pedimos a cada familia un calendario do ano 2016.

1. Analizamos o calendario:
- Os meses do ano: nome e número
- Os días da semana: nome e número
- Os días que tiña cada mes e a excepción
- Reglas nemotécnicas para distinguir os meses que tiñan 30-31 días

2. Identificamos no cadro de dobre entrada dos aniversarios en que día e mes nacera cada neno, así como a mestra.

3. Empregamos o ábaco para averiguar en que ano nacera cada un, representando o 2016 coas contas e restándolle a súa idade (4-5-6 anos).

4. Entregamos a cada alumno unha tarxeta co día - mes - ano do seu nacemento.

5. Utilizamos os calendarios para visualizar e recortar os datos recollidos nunha tarxeta e unha ficha impresa para pegar os resultados obtidos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario