xoves, 26 de maio de 2016

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

O venres pasado celebramos o Día das Letras Galegas.
Comezou a xornada a través da representación musical do poema de Manuel María "o cuco". A continuación cada neno/a premiado no concurso de poesía que realiza o centro, leu o seu poema aos compañeiros/as e mestres/as. Finalmente, e seguindo coa tradición de "apadroamento de lectores", o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria procedeu a ler un conto escollido ao alumnado de educación infantil e 1º e 2º de Primaria.

Ningún comentario:

Publicar un comentario