luns, 9 de maio de 2016

MANUEL MARÍA - GALICIA

GALICIA

GALICIA DOCEMENTE
ESTÁ OLLANDO O MAR:
TEN VALES E MONTANAS
E TERRAS PRA LABRAR!

TEN PORTOS, MARIÑEIROS,
CIDADES E LABREGOS
CARGADOS DE TRABALLOS,
CARGADOS DE TRAFEGOS!

GALICIA É UNHA NAI
VELLIÑA, SOÑADORA:
NA VOZ DA GAITA RISE,
NA VOZ DA GAITA CHORA!

GALICIA É O QUE VEMOS:
A TERRA, O MAR, O VENTO…
PRO HAI OUTRA GALICIA
QUE VAI NO SENTIMENTO!

GALICIA SOMOS NÓS:
A XENTE E MÁIS A FALA.
SE BUSCAS A GALICIA
EN TI TES QUE ATOPALA!

Manuel María

Ningún comentario:

Publicar un comentario