luns, 9 de maio de 2016

MANUEL MARÍA - LETRAS GALEGAS 16

Por que conmemoramos o día das Letras Galegas?
A celebración do día das Letras Galegas, cada 17 de Maio, foi instituída no ano 1963 pola Real Academia Galega para conmemorar a publicación do libro de Rosalía de Castro " Cantares Gallegos", un 17 de Maio de 1863 e homenaxear a algún escritor ou escritora en lingua galega.

Cal é o autor homenaxeado neste ano 2016?


Manuel María Fernández Teixeiro que naceu en Outeiro de Rei, na Terra Cha luguesa, en 1929.
Destacou polo seu carácter combativo e reivindicativo e polo seu compromiso político e cultural co nacionalismo galego.
Comezou a publicar dende moi novo. “Muiñeiro de brétemas” o seu primeiro libro de poemas editouno con só 21 anos.
É autor dunha chea de libros, utilizando todos os xéneros literarios: poesía, narrativa, teatro... sendo un dos poetas galegos máis musicados de todos os tempos.
A Real Academia Galega adícalle, polo seu compromiso co idioma galego, o Día das Letras de 2016.

Quen é Manuel María?

Ningún comentario:

Publicar un comentario