luns, 6 de xuño de 2016

SUMAS CON REGRETAS

As regretas de Cuisenaire son un xogo de manipulación matemática empregado para ensinar unha ampla variedade de temas matemáticos, como son as operacións básicas de sumas e restas.

Os obxectivos propostos para o desenvolvemento desta actividade foron:
- Compoñer e descompoñer números coas regretas; comprender intuitivamente a propiedade conmutativa da suma.
- Resolver problemas aritméticos contextualizados.
- Reflexionar sobre distintos procesos para resolver un mesmo problema.
- Habituarse a traballar en equipo.
- Esforzarse por buscar unha resposta aos interrogantes formulados.

O alumnado distribuiuse en pequenos grupos. Cada grupo tiña que dar resposta a unha serie de tarefas matemáticas:
- Buscar a correspondencia entre número e cantidade.
- Ordenar de menor a maior as cantidades.
- Resolver cálculos matemáticos sinxelos.









Ningún comentario:

Publicar un comentario