sábado, 29 de outubro de 2016

A VENDIMA

Ao atoparnos nunha zona na que a actividade vinícola é moi importante, os nenos e nenas comentaron na asamblea que os seus avós, tíos ou mesmo na súas casa tiñan uvas. Entón comezamos a preguntarnos para que servirían e xurdiu a idea de facer a vendima no colexio. Que ben o pasamos!!

Cales foron os obxectivos da actividade?

- Coñecer a forma tradicional de facer viño.
- Traballar en equipo.
- Vencer os temores a mancharse e a poñerse en contacto con texturas descoñecidas.
- Explorar o sentido do tacto a través dos pés.
- Desenvolver a autonomía ao descalzarse, lavarse e calzarse de novo.
- Probar novos sabores e descubrilos mediante o gusto. 


RECOLLIDA DAS UVAS TRAÍDAS POLOS NENOS E NENAS 

























FOI NECESARIO DESCALZARSE PARA PODER EMPEZAR A PISAR AS UVAS
AO PRINCIPIO ERA UNHA SENSACIÓN EXTRAÑA 










PERO PRONTO NOS CONVERTEMOS NUNS EXPERTOS E EXPERTAS





















FINALMENTE, EXPLORAMOS O RESULTADO DO NOSO TRABALLO DE PISAR E PROBAMOS O MOSTO






Ningún comentario:

Publicar un comentario