sábado, 29 de outubro de 2016

SOMBRAS DE SAMAÍN

Ao achegarse os últimos días de outubro, comezamos a ver que o Samaín entraba na clase: xoguetes con forma de cabazas, festas de medo.... A sensación de que se achegaba o tempo das bruxas e das caveiras era máis que evidente!

A través desta canción de Samaín de Brinca Vai, descubrimos ademais que chega o tempo das SOMBRAS!!!


Aproveitando que é a época da escuridade, fixemos un obradoiro de sombras chinesas con siluetas de personaxes típicos do Samaín: pantasmas, bruxas, gatos, arañas...





Tras un breve conto inicial, os nenos e nenas foron experimentando coas sombras e incluso creando pequenas historias orais de medo. 



Ningún comentario:

Publicar un comentario