xoves, 7 de setembro de 2017

PERÍODO DE ADAPTACIÓN 2017-2018

CALENDARIO DO PERÍODO DE ADAPTACIÓN DOS NENOS E NENAS DE 3 ANOS.

Na Orde do 12 de xuño de 2017 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2017/2018 nos centros docentes sostidos con fondos  públicos na Comunidade Autónoma de Galicia, establécese que ao inicio do 2º ciclo da Educación Infantil (4º curso) se realizará o período de adaptación para facilitar a incorporación do alumnado de tres anos ou aquel que se incorpore por primeira vez ao centro. Dito período será de dez días lectivos a partir do día de inicio da actividade escolar, polo que non deberá superar o 22 de setembro.


O período de adaptación é o intervalo de tempo que precisan os cativos para asimilar e adaptarse aos cambios que supón a incorporación ao colexio. De diferentes formas e con diferentes reaccións, os nenos e nenas pasan dun ambiente coñecido e seguro, a outro que deben descubrir pouco a pouco.
Ese cambio supón unha ruptura co ambiente de seguridade e confianza no que se levan desenvolvendo nos seus primeiros anos de vida. A colaboración entre a familia e a escola será imprescindible para que esta nova etapa sexa realizada con continuidade e lle permita aos nenos e nenas dar un paso máis no seu proceso evolutivo.



Na táboa que segue, establécese a distribución do alumnado en grupos:

GRUPO A
GRUPO B
Daniel Castro Baluja
Yasmina Pardo Iglesias
Noelia González Rey
Cristina Pazos Fernández
Rosalía Lortes Cutrín



Recollemos a continuación a distribución temporal que deberá seguir o alumando de 4º de Ed. Infantil durante o período de adaptación:


LUNS 11
MARTES 12
MÉRCORES 13
XOVES 14
VENRES 15
GRUPO A e B:
11- 13 h acompañados dun membro da familia
GRUPO A e B:
11 a 12 h
GRUPO A e B:
11 a 13 h
GRUPO A e B:
11 a 13 h
GRUPO A e B:
10 a 13 h
LUNS 18
MARTES 19
MÉRCORES 20
XOVES 21
VENRES 22
FESTIVO LOCAL
GRUPO A e B:
10-13 h
GRUPO A e B:
10-14 h
GRUPO A e B:
10-14 h
GRUPO A e B:
9.30 a 14.30 h

Ningún comentario:

Publicar un comentario