domingo, 18 de febreiro de 2018

XOGAR A PENSAR

Un curso máis, estamos a desenvolver o obradoiro Xogar a Pensar. Nesta sesión quincenal, a nosa amiga Xoa fainos chegar unhas fermosas cartas nas que pon a proba a nosa capacidade para observar, reflexionar e analizar.




Esta sesión segue os principios do programa Filosofía para nenos que desenvolve o Proxecto Noria. Con el preténdese fomentar o traballo e adquisición dunha serie de habilidades de pensamento que recollemos na seguinte táboa.


As sesións desenvólvense sempre dun xeito parecido. Na zona da alfombra aparece os luns unha misteriosa caixa decorada con motivos que nos recordan á nosa amiga visitante. En gran grupo, abrimos a caixa e lemos a carta que esa semana nos escribiu Xoa.



Con cada unha delas dá inicio un diálogo colectivo no que todas as intervencións teñen un obxectivo: xogar a pensar.
Ademais do diálogo e a reflexión, en moitas cartas Xoa pídenos algunha outra produción: un debuxo, crear o final dunha historia, idear usos insospeitados de obxectos...

Nos seguintes audios que incorporamos, poderedes escoitar o desenvolvemento de cada unha das sesións de Xogar a Pensar en cada unha das aulas de Educación Infantil.

SESIÓN 1: Xogar a pensar




.
SESIÓN 2: Descrición de Xoaniña





SESIÓN 3: O libro de Xoa




SESIÓN 4: Deseñar un moble. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario