martes, 1 de maio de 2018

LIBROS NOS RECUNCHOS

Os libros...que importantes, interesantes e fabulosos son. Despois de ter conmemorado o Día do Libro coa lectura no patio de dous contos ben coñecidos por todos, pareceunos de interese darlle continuidade a ese mundo imaxinario do que todos deberiamos disfrutar todos os días. Así que nestes dúas semanas que iniciamos, traballaremos os libros nos recunchos.

Podedes comezar escoitando tres contos galegos que de seguro vos soarán: A cebra Camila (compartido polo CEIP Coirón Dena) , A casa da mosca chosca e A vaca que puxo un ovo (publicados por Taxi Roberto Burela) .






Neste enlace poderás facer unha visita a unha das librarías máis coñecidas do mundo: a Livraria Lello e Irmao en Porto.


E como xa están próximas as Letras Galegas, aquí vos deixamos un recurso Lim sobre María Victoria Moreno do Seminario Galán, para que coñezades máis de preto a esta escritora galega.

http://seminariogalan.org/inicio/ver/376



1 comentario:

  1. A mí me gustaría ir de nuevo a leerles otro cuento al cole,tengo dos interesantes entre manos que han sido de gran éxito y de paso me gustaría haceros una proposición.

    ResponderEliminar