Páxinas

domingo, 11 de febreiro de 2018

OBRADOIRO DE GRAFISMO

Quincenalmente, nas dúas aulas de Educación Infantil desenvolvemos unha sesión de grafismo. Trátase dunha nova proposta que incluímos este curso na que a través do trazado e o debuxo se traballan unha serie de habilidades relacionadas coa orientación espacial, as formas e composicións xeométricas e a capacidade de execución. 




Os obxectivos que perseguimos a nivel xeral con esta proposta son: 
  •           Mellorar e perfeccionar o trazo.
  •          Recoñecer e trazar diferentes formas planas. 
  •           Coñecer e diferenciar as cores básicas.
  •           Afianzar conceptos espaciais básicos (arriba, abaixo, grande, pequeno, dereita, esquerda…).
  •           Ser capaz de seguir instrucións verbais cunha determinada secuencia e ser quen de interpretalas e expresalas na produción plástica.
  •           Apreciar o valor artístico das creación propias e dos demais.
  •           Desenvolver a creatividade e o gusto artístico.
  •           Descubrir a posibilidade de que todos temos a capacidade de elaborar unha creación artística.

O obradoiro comeza rememorando os pasos básicos a seguir e que sintetizamos en tres accións:


ESCOITAR - PENSAR - FACER    



O primeiro paso é escoitar cada unha das premisas que lemos en voz alta unha vez para todo o grupo. Cada proposta soe contar con un total de cinco instrucións que están relacionadas para lograr unha creación final. En moitas ocasións, esta proposta segue a temática que estamos a traballar na aula nese momento. 




Trala escoita, reflexión e realización, volvemos a xuntarnos en gran grupo para analizar as instrucións entre todos e ver se cada un de nós seguiu as indicacións dadas e en que grao de cumprimento. Esta actividade de revisión, permítenos realizar unha autoavaliación das nosas propias producións.



As melloras dende a primeira das producións ata a actual son máis que evidentes!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario