SEGUNDO OS
VELLOS COSTUMES CELTAS O ANO PÁRTESE EN DÚAS ESTACIÓNS: VERÁN E INVERNO. O
PASO DUNHA ESTACIÓN A OUTRA CAE NA NOITE QUE VAI DO DERRADEIRO DÍA DE OUTUBRO
Ó PRIMEIRO DÍA DE NOVEMBRO:
É A NOITE DO SAMAÍN
PERO A
NOITE DE SAMAÍN ADEMAIS DE SEPARAR O ANO, ABRE AS PORTAS DO MÁIS ALÁ,
CONFUNDINDO O MUNDO DOS ESPÍRITUS CO NOSO MUNDO TERREAL.
A CHEGADA
DAS ÁNIMAS NESA NOITE REPRESENTABA UN POTENCIAL PERIGO DO QUE OS POBOS CELTAS
SE DEFENDÍAN COLOCANDO SOBRE OS MUROS AS CAVEIRAS DOS SEUS INIMIGOS CUNHA CANDEA
DE SEBO ACESA
EN MOITOS
OUTROS LUGARES DE GALICIA, ERA MOI HABITUAL ATA HAI UNS ANOS COLLER NAS
VÉSPERAS DO DÍA DE DEFUNTOS CABAZAS DAS HORTAS E TALLAR NELAS ATERRADORAS
CARAS ÁS QUE, SEN MÁIS ENGALANOS, SE LLE POÑÍA DENTRO O CABO ACENDIDO DUNHA
VELA. ESTAS CABAZAS ILUMINADAS COLOCÁBANSE SOBRE OS BALADOS OU NAS
ENCRUCILLADAS PARA ASUSTAR Á XENTE
RECUPERA A
NOSA TRADICIÓN E TALLA A TÚA CAVEIRA DE CABAZO PARA QUE O SAMAÍN SE MANTEÑA
ACESO DENDE A NOITE DOS TEMPOS!
|
O MÉRCORES 29 FAREMOS A EXPOSICIÓN!