Cada un dos nenos/as da aula lanzaba o ovillo de lá a un compañeiro/a á vez que dicía algo positivo del.
O que máis me gusta de ti é...
Es o meu amigo/a porque...
Síntome a gusto contigo cando...
Démonos conta de canto nos custa empregar estas expresións, de que difícil era dicilo mirando á cara e de que complicado era atopar os adxectivos cualificativos máis axeitados para cada un e unha de nós.
Animámosvos a facer este xogo na casa!