Amosando publicacións coa etiqueta LÓXICA-MATEMÁTICA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta LÓXICA-MATEMÁTICA. Amosar todas as publicacións

luns, 6 de xuño de 2016

O XOGO DOS BARQUIÑOS

No recuncho da lóxica-matemática incorporamos un novo recurso, o xogo dos barquiños. A través dunha serie de plantillas, os nenos/as terán que ordenar a imaxe que nelas aparece sinalando a fila e columna correspondente.



venres, 27 de maio de 2016

XOGAMOS AO CINQUILLO

Na aula utilizamos recursos de uso cotiá para o desenvolvemento das habilidades matemáticas. Un dos materiais empregados son as cartas, e o xogo escollido: O CINQUILLO.

Os obxectivos a desenvolver son:

- Relacionar o número coa cantidade.
- Colocar de maior a menor os números.
- Establecer seriacións atendendo á cor das cartas.
- Agardar a quenda de xogada.
- Aceptar as reglas do xogo.

Como xogamos?

- Explicamos a funcionalidade das cartas e as normas do xogo.


- Xogamos en gran grupo ao cinquillo.




- Distribuímonos en pequenos grupos (3-4 nenos/as), cun dos palos da baralla (oros, espadas, bastos ou copas).





- Xuntamos 2 grupos e 2 palos da baralla.



xoves, 4 de xuño de 2015

AS LISTAS DAS EXCURSIÓNS

En cada excursión que realizamos neste curso, os nenos/as foron os responsables de apuntar nunha lista os compañeiros/as que trouxeran os cartos da saída, comprobando se a cantidade de euros que depositaban na hucha era a correcta.







luns, 16 de febreiro de 2015

AS MANCHAS DA VACA

COMO PROPOSTA ALTERNATIVA Á ACTIVIDADE DAS CUADRÍCULAS, PROPUXÉMOSLLE AOS NENOS/AS EN PEQUENOS GRUPOS CONTAR AS MANCHAS DA VACA E SITUALAS NO SEU LUGAR CORRESPONDENTE.







CONSTRUÍMOS MAQUETAS

A partires das maquetas mostradas polos nosos compañeir@s de Primaria, decidimos construír maquetas empregando o material do recuncho das construcións.


Este foi o proceso...


Este o resultado...



Como toda exposición,  precisamos dun público: as familias e os compañeiros/as do cole. E que mellor maneira de convidarvos a todos e a todas vos que a través da elaboración dun cartel... 

domingo, 8 de febreiro de 2015

MÁQUINA REXISTRADORA

NURIA ensinounos a súa MÁQUINA REXISTRADORA e descubrimos moitas das súas características:

- Números para escribir o prezo
- Pantalla con números
- Caixa para gardar os cartos
- Lector de código de barras
- Lector de tarxeta de crédito
- Micrófono
- Bandexa para colocar os produtos
-


Clasificamos os billetes pola súa cor-número, xogando a atopar aos compañeiros/as que tiñan esa mesma cor.
Finalmente ilustramos a Máquina Rexistradora, identificando os números que nela observábamos e escribindo o seu nome.

 

sábado, 10 de xaneiro de 2015

POÑEMOS EN MARCHA O SUPERMERCADO

REMATAMOS O PRIMEIRO TRIMESTRE ORDENANDO O RECUNCHO DO XOGO SIMBÓLICO, QUE NOS PERMITIU CREAR UN ESPAZO PROPIO PARA O SUPERMERCADO.

- SELECCIONAMOS O MATERIAL EN GRUPOS, ATENDENDO A SÚA FUNCIONALIDADE.

- CLASIFICAMOS OS ALIMENTOS.

- ETIQUETAMOS OS ESTANTES HABILITADOS PARA O SUPER.















venres, 2 de xaneiro de 2015

AS LIÑAS COMO ELEMENTO ARTÍSTICO


DATA
NOVEMBRO DO 2014

ACTIVIDADE - ARTE
AS LIÑAS COMO ELEMENTO ARTÍSTICO




DESCRICIÓN DA ACTIVIDADE
A ACTIVIDADE COMPONSE DE DÚAS PARTES:
       - NA PRIMEIRA: ACTIVIDADE EN PEQUENOS GRUPOS.
OS NENOS/AS XOGAN COS CORDEIS CREANDO FORMAS CON LIÑAS RECTAS.
         - NA SEGUNDA: NO RECUNCHO DE ARTE.
A TRAVÉS DUN FOLIO DOBLADO, DETECTAN AS LIÑAS, MARCÁMOLAS E DEBUXAN DENTRO DOS POLÍGONOS QUE SE ORIXINAN, EMPREGANDO DIFERENTES MATERIAIS: ACUARELA, TÉMPERA SÓLIDA, CERAS, ROTULADORES…



 


























1. DOBLAMOS O PAPEL.


2. MARCAMOS AS LIÑAS.


3. PINTAMOS OS POLÍGONOS FORMADOS.




COMPOSICIÓN ELABORADA CON LIÑAS RECTAS