Amosando publicacións coa etiqueta BIBLIOTECA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta BIBLIOTECA. Amosar todas as publicacións

domingo, 11 de febreiro de 2018

MOCHILAS VIAXEIRAS

Como cada curso, as Mochilas Viaxeiras xa están percorrendo os fogares desta zona do Ulla cargadas con libros para disfrutar en familia.


Cada unha das dúas mochilas que están a viaxar en Infantil, contén cinco exemplares:



Entre eles atópase El puente de Paysandú de Begoña Ibarrola que está directamente vencellado ao proxecto de As pontes establecido dende a Biblioteca do centro. Pero tamén incluímos en cada mochila unha obra da autora á que se lle dedica o Días das Letras galegas 2018: María Victoria Moreno Márquez.




As mochilas marchan os venres para a casa dun de nós e permanecen nos nosos fogares unha semana. O venres seguinte, volven ao colexio e cada un de nós presenta a parte do caderno que acompaña cada mochila. Nese caderno eliximos o libro que máis nos gustou e valoramos empregando un sistema de cores, todos os exemplares lidos.




luns, 1 de maio de 2017


A MURALLA DE LUGO

Este curso estamos a traballar como temática proposta polo Equipo de Biblioteca de centro, os muros. En Infantil estamos realizando un pequeno proxecto sobre a Muralla de Lugo. 


Neste enlace poderedes acceder a unha aplicación que proporciona moitos datos do monumento e permite visitar a cidade de Lugo e percorrer a muralla. 







Ademais de achegarnos á época e a cultura que a viu nacer, a romana, levamos a cabo outras actividades para coñecer un pouco máis este monumento patrimonio da humanidade. 

  • Reconstrución da muralla empregando diferentes tipos de pezas de construción:











  • Entrada á muralla de cartón que fixo e doou a familia de Minia.









  •  Recubrimento da muralla con rectángulos que simulan as pedras das paredes do muro.