Un espazo virtual para compartir ideas, experiencias e emocións entre toda a comunidade educativa.
Amosando publicacións coa etiqueta VOZ NATURA b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta VOZ NATURA b>. Amosar todas as publicacións
domingo, 29 de abril de 2018
domingo, 9 de xullo de 2017
mércores, 31 de agosto de 2016
luns, 6 de xuño de 2016
VEDRA EN CIENCIA 2016: "A LUZ É CIENCIA"
Presentación do proxecto por parte do concello. Temática: A luz. O alumnado realizó un obradoiro de sombras, a través da elaboración plástica de estrelas e lúas.
Proceso de desenvolvemento do proxecto:
- Exposición artística das bombillas
- Os experimentos da luz: lapis partido, culler que encolle, disco de Newton e man transparente
Exposición no CPI de Vedra: "A luz é ciencia"
luns, 16 de maio de 2016
domingo, 13 de marzo de 2016
XXI XORNADAS ARREDOR DA CAMELIA 2016
A Asociación Amigos da Camelia do Val do Ulla en colaboración co Concello de Vedra organizan as XXI Xornadas arredor da Camelia, que este ano lucirán co seu máximo esplendor o día 28 de febreiro no entorno do Pazo de Santa Cruz de Ribadulla.
16º CONCURSO DE PINTURA INFANTIL DA CAMELIA
Está aberto o prazo para presentarse ao concurso ata o 19 de febreiro, poderán participar os nenos e nenas de entre 3 e 12 anos.
- Realización do debuxo da camelia a partir do estudo das súas partes, dos diferentes tipos...
- Decoración da maqueta coa axuda da ANPA.
- Elaboración da nosa maqueta en base á maqueta orixinal.
DATA
|
MARZO DO 2015
|
ACTIVIDADE
|
A MAQUETA DA CAMELIA
|
ÁREAS DE APRENDIZAXE
|
-
ARTE
-
LÓXICA-MATEMÁTICA
-
LECTOESCRITURA
|
DESCRICIÓN DA ACTIVIDADE
|
-
VISUALIZACIÓN
DA MAQUETA FINAL REALIZADA PARA A EXPOSICIÓN DA CAMELIA.
-
DETECCIÓN DAS
ESTANCIAS DO COLEXIO: PORTAS, VENTÁS, PORCHE, ESCALEIRAS…
-
CONSTRUCIÓN EN
PEQUENOS GRUPOS DA MAQUETA DO COLEXIO, PARTINDO DA MAQUETA INICIAL.
-
SITUACIÓN DE
CADA UNHA DAS DEPENDENCIAS NO PAPEL (DEBUXO E TEXTO).
|
OBXECTIVOS
|
-
DESENVOLVER
UNHA MIRADA ATENTA.
-
FAVORECER A
IMAXINACIÓN A TRAVÉS DAS SÚAS CREACIÓNS.
-
LOCALIZAR OS
ESPAZOS NO PLANO.
-
RESPECTAR AS
OPINIÓNS DOS SEUS COMPAÑEIROS/AS.
-
ASOCIAR CADA
DEPENDENCIA CO SEU NOME.
|
mércores, 2 de marzo de 2016
TVG - A REVISTA
Dende o pasado curso 2014-2015 o centro atópase inmerso nunha iniciativa arquitectónica dirixida e coordinada polo arquitecto Fermín Blanco.
O proxecto que plantexa é un proxecto diferente, novidoso onde se trata de dar resposta aos intereses e motivacións de toda a comunidade educativa. Pais, mestres/as e por suposto os nenos/as convértense nos creadores e creadoras da nosa nova escola. E como? Pois "repensando a escola", a través dunha reflexión persoal e pedagóxica acerca da nosa escola ideal.
O martes 2 de marzo a TVG, no programa "A revista", retransmitiu en directo unha das propostas realizadas neste curso académico: A xeometría como elemento da natureza. Nesta retransmisión puidéronse observar momentos concretos onde tivo lugar a creación de cabanas con vimbios a partir de diferentes formas xeométricas, partindo da orixe (maquetas) ata o resultado final (estruturas a escala real).
O proxecto que plantexa é un proxecto diferente, novidoso onde se trata de dar resposta aos intereses e motivacións de toda a comunidade educativa. Pais, mestres/as e por suposto os nenos/as convértense nos creadores e creadoras da nosa nova escola. E como? Pois "repensando a escola", a través dunha reflexión persoal e pedagóxica acerca da nosa escola ideal.
O martes 2 de marzo a TVG, no programa "A revista", retransmitiu en directo unha das propostas realizadas neste curso académico: A xeometría como elemento da natureza. Nesta retransmisión puidéronse observar momentos concretos onde tivo lugar a creación de cabanas con vimbios a partir de diferentes formas xeométricas, partindo da orixe (maquetas) ata o resultado final (estruturas a escala real).
1ª Parte: Minuto 25 - Segundo 26
2ª Parte: Minuto 49 - Segundo 10
venres, 12 de febreiro de 2016
PLANTAMOS ALLOS E CHÍCHAROS
domingo, 10 de xaneiro de 2016
ÁRBORES, PLANTAS E ARBUSTOS
O alumnado de 3º de Primaria realizou un traballo sobre algunhas das árbores, plantas e arbustos da nosa contorna.
martes, 8 de decembro de 2015
O CRECEMENTO DAS LEGUMES
Anxo e Manuel mostráronnos o proceso de crecemento das legumes: fabas, lentellas, garabanzos...
1. Colocar a legume nun algodón mollado.
2. Dispoñer a semente nun lugar cálido e luminoso, para que reciba o calor do sol.
3. No prazo de dous ou tres días a semente irase inflando e brotarán dúas follas.
4. Regarase a plantiña todos os días e con moi pouquiña auga.
Explicáronnos que as plantas son seres vivos que necesitan da auga para medrar. Primeiro sae a raíz da semente, despois vai medrando o talo que é o que da forma á planta e, finalmente, as follas. As plantas nacen, crecen e aliméntanse a partir do aire, da auga, dos nutrientes do solo e da luz do sol; sendo un proceso lento.
PLANTAMOS REPOLOS E PUERROS
DATA
|
OUTUBRO DO 2015
|
ACTIVIDADE
|
PLANTAMOS REPOLOS E
PUERROS
|
ÁREA DE APRENDIZAXE
|
CIENCIAS
|
DESCRICIÓN DA ACTIVIDADE
|
PLANTACIÓN DE
HORTALIZAS NOS BANCAIS DA HORTA.
|
OBXECTIVOS
|
-
IDENTIFICAR O REPOLO E O PUERRO DENTRO DO GRUPO
DAS HORTALIZAS.
-
RECOÑECER CALES SON OS PASOS QUE SEGUIMOS NA
PLANTACIÓN.
-
PARTICIPAR NA ACTIVIDADE.
-
VALORAR A IMPORTANCIA DO CONSUMO DE HORTALIZAS NA NOSA
DIETA DIARIA.
-
REPRESENTAR A EXPERIENCIA A TRAVÉS DO DEBUXO.
|
sábado, 17 de outubro de 2015
APAÑAMOS E PLANTAMOS LANDRAS
O VENRES FOI UN DÍA ESPECIAL, APAÑAMOS E PLANTAMOS LANDRAS CON JAIME. FOI TODA UNHA AVENTURA!
CONCURSO DE MICOLOXÍA 2015
Todo o alumndado do centro participou nas Xornadas culturais sobre micoloxía, en colaboración co Concello de Vedra, a través do concurso de debuxo micolóxico.
INFANTIL
PRIMARIA
mércores, 22 de abril de 2015
PROGRAMA PRENSA-ESCOLA DA VOZ DE GALICIA
Neste curso 2014-2015 o alumnado
de Educación Infantil e 2º ciclo de Educación Primaria propúxose participar no
Programa Prensa-Escola da Voz de
Galicia que se desenvolve en colaboración co
Programa Voz Natura co que estamos colaborando dende o curso pasado.
Este concurso, aberto a toda a
comunidade escolar galega, busca que os alumnos/as dende a Educación Infantil
ata etapas superiores, se familiaricen coa lectura e o manexo do xornal e
desenvolvan a súa capacidade de exposición e redacción baseándose nas informacións
publicadas na edición impresa ou dixital
da Voz de Galicia.
mércores, 15 de abril de 2015
DERRIBANDO OS MUROS DA EDUCACIÓN
Fermín Blanco e David Rodríguez presentan ao alumnado de Primaria a proposta "Repensando a escola" a través da obra de Gordon Matta Clark.
"Derribando os muros da educación" Fermín Blanco
Decidimos plasmar a súa obra a través da creación dunha elipse na antigua casa do mestre.
- O primeiro paso foi solicitar a axuda dos operarios do concello.
- Experimentamos cos novos espazos creados: marcando a elipse proxectada, explorando a apertura das formas, xogando coas sombras...
luns, 16 de febreiro de 2015
CONSTRUÍMOS MAQUETAS
A partires das maquetas mostradas polos nosos compañeir@s de Primaria, decidimos construír maquetas empregando o material do recuncho das construcións.
Este foi o proceso...
Este o resultado...
Como toda exposición, precisamos dun público: as familias e os compañeiros/as do cole. E que mellor maneira de convidarvos a todos e a todas vos que a través da elaboración dun cartel...
domingo, 30 de novembro de 2014
CASTELO DE AUGA
A auga sigue estando moi presente en toda a escola. No recreo do comedor os alumnos e alumnas, con pas, rastrillos, cubos, carretas... construíron un castelo, con torres e cun foxo con auga.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)


























