Amosando publicacións coa etiqueta PAZ. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta PAZ. Amosar todas as publicacións

luns, 2 de abril de 2018

AS ÁRBORES DA PAZ

As actividades realizadas nas sesións de Alternativa deste segundo trimestre xiraron en torno ao día da Paz.
1ª sesión:
- Analizamos a palabra "PAZ", atendendo ao ámbito sintáctico (as letras que a configuran) e ao semántico (o significado da palabra).
- Realizamos unha sesión de relaxación a partir da posta en marcha de técnicas previamente aprendidas (posturas de ioga, recreación de situacións, o tacto das mans...).
2ª sesión:
- Buscamos en gran grupo aquelas situacións, palabras e persoas que nos fan sentir nun estado de paz.
- Escribímola na pizarra.
3ª sesión:
- Decidimos crear a nosa propia árbore da paz, empregando o noso corpo como a árbore e as palabras como as follas.
4º sesión:
- Pintamos e recortamos a árbore da paz.
5º - 6ª sesión:
- Cada un recordou a súa palabra que representaba o estado de paz e benestar.
- Escribímolas a lapis e despois rotulámolas.
7ª sesión: 
- Recortamos as palabras e pegámolas na nosa árbore

Este foi o resultado:

















domingo, 1 de febreiro de 2015

O HOMIÑO DE PAPEL

O 30 DE XANEIRO LEMBRAMOS O DÍA DA PAZ A TRAVÉS DO CONTO “O HOMIÑO DE PAPEL” DE FERNANDO ALONSO.


VISUALIZAMOS EN INTERNET O CONTO EN CASTELÁN E GUSTONOS TANTO QUE DECIDIMOS CREAR O NOSO PROPIO HOMIÑO DE PAPEL COS XORNAIS QUE AS FAMILIAS APORTARON.



COMO NON QUERIAMOS QUE O HOMIÑO DE PAPEL FORA FEITO CON PALABRAS TRISTES QUE LEMOS TODOS OS DÍAS NA PRENSA, DECIDIMOS ESCRIBIR EN GRUPO AQUELAS PALABRAS QUE NOS FACÍAN SENTIR BEN.


CANDO CHEGAMOS Á AULA ATOPAMOS AO HOMIÑO DE PAPEL.


O HOMIÑO DE PAPEL AGORA ERA DE CARTÓN! QUE PODERIAMOS FACER PARA TRANSFORMALO NO HOMIÑO DE PAPEL? RAPIDAMENTE OCORRÉUSENOS UNHA IDEA…
POR QUE NON O CUBRIMOS CON PAPEL DE XORNAL E PEGÁMOSLLE AQUELAS PALABRAS QUE NOS GUSTAN, QUE NOS FAN SENTIR BEN. DITO E FEITO!



AGORA O HOMIÑO DE PAPEL XA PODERÁ CONTAR NOVAS HISTORIAS, HISTORIAS QUE NOS FAGAN SENTIR.


xoves, 30 de xaneiro de 2014

O DÍA DA PAZ

AÍNDA QUE A PAZ NON É COUSA DUN DÍA, GÚSTANOS CELEBRALA PORQUE  NOS PERMITE LEMBRAR ALGUNHAS DAS PERSOAS QUE CONTRIBUÍRON NA SÚA CONSECUCIÓN, CONTAXIÁNDONOS COS SEUS "BOS FACERES". UNHA DESAS FIGURAS FOI GHANDI, PACIFISTA, PENSADOR, POETA QUE LOITOU DENDE A NON VIOLENCIA POLA LIBERACIÓN DO SEU POBO.



NESTE DÍA, APROVEITAMOS PARA LER E RECREAR O POEMA DE GLORIA FUERTES
"SÓ  3  LETRAS"