Amosando publicacións coa etiqueta ESTACIÓNS DO ANO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ESTACIÓNS DO ANO. Amosar todas as publicacións

domingo, 19 de febreiro de 2017


CHEGOU O INVERNO!

Para celebrar a chegada o inverno decidimos facer unha actividade plástica con paraugas vellos ou rotos. En grupos pintámolos con gotiñas de cores que imitaban as gotas de chuvia pero quixemos darlle un toque de cor. 



Outra das actividades que realizamos foi a de facer xeo de cores e pintar con el.  Comezamos facendo unha lista dos materiais que precisabamos.



De seguido, mesturamos auga e colorante alimentario e enchemos as bolsas de auga coloreada para levalas ao conxelador.





Velaquí o resultado.




Co xeo preparado, comezamos a pintar con el. Que obras de arte conxeladas!!








sábado, 29 de outubro de 2016

CHEGOU O OUTONO!

Os cambios na natureza non pasaron desapercibidos para os nenos e nenas de Educación Infantil: recoller follas e traelas á aula, sorprenderse ante o nacemento de cogomelos no patio ou o descubrimento da palabra outono na asamblea, foron algunhas das manifestacións máis evidentes de que esta estación do ano xa comezou.

Realizamos varias actividades sobre este tema, tales como:
- Manipulación e exploración de cogomelos.
- Estampación e debuxo de cogomelos (dentro do Concurso Micolóxico de Vedra).
- Recollida e clasificación de follas no patio.
- Calcado de follas ao revés.
- Vivenciación e elaboración de manifestacións plásticas coas cores do outono.










sábado, 10 de xaneiro de 2015

CHEGA O INVERNO...

REPRESENTAMOS AS ESTACIÓNS DO ANO EMPREGAMOS DISTINTOS MATERIAIS, ASÍ COMO AQUELAS CORES QUE NOS FACÍAN SENTIR CADA UNHA DELAS:

VERMELLO, MARRÓN - OUTONO

AZUL, NEGRO - INVERNO

VERDE, AMARELO E AZUL - PRIMAVERA

AMARELO, ROSA E VERDE - VERÁN