Amosando publicacións coa etiqueta XEOGRAFÍA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta XEOGRAFÍA. Amosar todas as publicacións

martes, 15 de maio de 2018

XEOGRAFÍA: COÑECENDO ITALIA


Esta semana que rematou, recibimos a visita de Rocío que veu compartir con nós todos o gran coñecemento que posúe dun país que xa coñeciamos de ter traballado nos recunchos dedicados á Xeografía: Italia. 


Na súa exposición, Rocío contou coa colaboración do noso compañeiro Marco. Xuntos faláronnos de lugares emblemáticos do país con forma de bota. 






E tamén dalgunhas tradicións que nos deixaron coa boca aberta...





Ademais, achegámosnos ao italiano da man desta canción dedicada ás cores. 



E á literatura italiana a través do popular conto Pinocho. Aquí atoparédelo en versión tradicional e noutra máis actualizada. 






Para rematar a sesión, Rocío e Marco ensináronnos o vocabulario dos animais en italiano. Que fermosas palabras!



Moitísimas grazas Rocío por compartir con nós esta experiencia tan enriquecedora.

xoves, 3 de decembro de 2015

MARIÑA VIAXA A LONDRES

A nosa compañeira Mariña marchou onte a Londres. Todos e todas estabamos moi interesados en saber a situación xeográfica de Londres e se a distancia que tería que percorrer Mariña dende Galicia sería moita ou pouca.

- Investigamos no mapa do mundo. A que continente pertencería? Rapidamente Gael contestou que a África non, porque cando el estivera en Marrocos non lembraba escoitar ese nome de cidade.
Entón onde estará...?


- Atopámolo no mapa!! Londres é unha das cidades máis coñecidas de Europa e pertence ao país de Reino Unido, unha illa en forma de coello.


- Pensamos en que medios de transporte podería viaxar Mariña. Ao ser unha illa, ocorréusenos que unicamente había dous: barco ou avión. Mariña confirmounos que viaxaría en AVIÓN.


- Recollemos por escrito a experiencia.