Amosando publicacións coa etiqueta LECTURA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta LECTURA. Amosar todas as publicacións

xoves, 11 de xuño de 2015

LECTURAS PRIMARIA 2014-2015

NESTE CURSO RECIBIMOS A VISITA DUNS CONTACONTOS MOI ESPECIAIS:

O ALUMNADO DE EDUCACIÓN PRIMARIA!

ESTES FORON OS CONTOS LIDOS:

 

A galiña Roxa atopou uns grans de trigo, sementounos, recolleu a colleita, foi ao muíño, forneou o pan... Pero nin o can, nin o gato nin o pato lle axudaron a facer todo ese traballo, os moi cómodos e nugalláns.



Un conto no que as cousas non son o que parecen. Está formado por imaxes encadeadas nas que a metade da imaxe inicial que se observa non se corresponde coa outra metade da imaxe, causando un efecto sorpresa.Este conto desenvolve a creatividade e a imaxinación dos nenos/as, permitíndolles crear historias a través das imaxes do conto.





Na casa de Guille óense ruídos estraños e ata a súa propia mamá está asustada. Pero Guille atopa a fórmula para desenmascarar os medos.




Conto popular. Esta é a historia dun poliño que un día se atopou cunha bolsa chea de moedas de ouro. Levoulla ao rei; pero aquel rei era moi, moi mesquiño.





Moncho píntao todo: a cama, o mantel, a neveira, o avó... Despois dunha intensa xornada de traballo, insiste, con entusiasmo de pintor, en descubrir o que representa unha mancha de pintura negra sobre un papel branco. A mancha parece que se metamorfosea aos ollos de quen deixa voar a imaxinación pero, na súa teimosa busca, Moncho atópase tamén con persoas incapaces de darlle unha resposta.... 




Que supón nacer? A miña primeira viaxe é a historia do comezo da vida humana narrada en primeira persoa polo protagonista: un bebé no ventre materno. Un bebé que viaxa dentro do que el percibe como unha cápsula na cal percorre un universo descoñecido. Sabe que iniciou unha viaxe pero non sabe cara a onde. Dentro desa nave, o latexo do corazón da nai, que interpreta como son de motores, dálle seguridade.


GRACIÑAS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS POR COMPARTIR CON NÓS MOMENTOS TAN ESPECIAIS!

venres, 4 de abril de 2014

HANSEL E GRETEL

LÚA, FRAN, YOSI, MIGUEL E DAVID INTERPRETARON O CONTO "HANSEL E GRETEL", EMPREGANDO COMO SOPORTE VISUAL AS ILUSTRACIÓNS DO CONTO E  COMO SOPORTE AUDITIVO UNHA SERIE DE PEZAS DE MÚSICA CLÁSICA DA ÓPERA HANSEL E GRETEL.









PARABÉNS COMPIS!

É RARA MAKEKE?

Daniel, Rocío e Paula presentáronnos o conto a través da seguinte pregunta: "É rara Makeke?"


"É rara Makeke?" é un relato da escritora cordobesa Magda Soldado, ilustrado por Éumés Jacobo Muñiz, no que unha formiga chamada Makeke vive feliz coas súas compañeiras no deserto, pero un día de treboada, por efecto do vento, é transportada a un lugar moi afastado onde sofre a discriminación e o desprezo dos seus habitantes.





O conto suscitou moito interese entre os nenos e as nenas de Infantil, xurdindo cuestións relacionadas coa historia da formiga:

- Por que as formigas viven nun formigueiro?
Os nosos compañeir@s de Primaria fixeron as súas hipóteses: "As formigas viven no formigueiro porque alí non as pisan, porque non lles quitan a súa comida, porque protéxense dos animais depredadores..."

- Como se sente a formiga?
Esta segunda cuestión foi rapidamente respostada polos propios nen@s de Infantil: "Mira a imaxe da portada, a formiga séntese triste... ten os ollos pequeniños e miran cara abaixo..."

Graciñas amig@s!

A VELLA NA BOTELLA

As nosas compañeiras INÉS, ANA e REBECA viñeron ás aulas de Infantil a enchelas de emoción e misterio a través deste conto máxico: A vella na botella, da Editorial OQO.









Unha bruxa de pelo roxo, farta das queixas da súa veciña, decide un día lanzarlle un meigallo terrible e encerrala nunha botella: 

Carne de burro, carne de can, 
que te leve o furacán!

Por sorte, unha fada do bosque libera á vella do seu encerro e cúmprelle o seu desexo: vivir nunha casiña con horta, vacas e galiñas; pero a desagradecida muller axiña se mostrará descontenta e aspirará a unha vida mellor.




MOITAS GRAZAS AMIGAS!

venres, 28 de marzo de 2014

A RÚA MODERNA - A RÚA ANTIGA

Noelia e Paula xa son dúas compañeiras habituais de lectura na aula de infantil. Disfrutamos moito da súa compaña e animámolas a que continúen vindo a ensinarnos novas cousas.
Nesta ocasión a lectura trataba dun traballo que realizaran na aula co mestre Jaime no que analizaran, a través da redacción escrita, as imaxes dunha rúa moderna e dunha rúa antiga.








MOITAS GRAZAS!

"NON FAI FALTA A VOZ"

Seguindo coa actividade da lectura na escola, nesta ocasión o narrador foi o noso compañeiro Marcos, que leunos e mostrounos o álbum ilustrado "Non fai falta a voz".


Todos os animais teñen a súa voz. 
(...)
 
O can ladra.
Os cachorriños responden.
 
O gato miaña.
Os gatiños… tamén!
 
(...)
 
E a xirafa?

A xirafa non ten voz.
E a xirafiña, aínda menos!
 
Pero a xirafa ten un pescozo moi longo…
Tan longo que, con el,
acariña a súa cría.




Gustounos moito a idea de dicir iso que sentimos pero sen palabras...