mércores, 13 de xullo de 2016

ANIVERSARIOS 3º TRIMESTRE

Neste último trimestre tivemos de aniversario a Paulo, Leo, Zoe, Xulia, Minia, Gael, Beltrán e Noelia. Parabéns amigos e amigas!


Coincidindo coas semanas da froita realizamos un obradoiro de caras, empregando froitas de tempada. O brote de varicela impediu que todos os compañeiros/as puideran asistir.


VISITA AO PAZO DE ORTIGUEIRA 2016

Na última semana de colexio Patricia, a mamá de Mariña. ofreceuse a acompañarnos ao Pazo de Ortigueira e mostrarnos aqueles recunchos máis emblemáticos que neste lugar se agochan.


O Pazo, casón en forma de "L", presenta na fachada os escudos da familia Mondragón e, na parte de atrás, unha balconada. O edificio básico é un gran corpo rectangular que se une mediante un longo pasadizo coa igrexa, enfronte do pazo. A casa é do tempo do Barroco. Cabe destacar como mellor expoñente artístico a fonte, ostentosamente brasonada, encaixada entre as edificacións complementarias, xunto ás cortes e ás vivendas dos caseiros, que aparecen unidas ao outro lado do patio, quedando a igrexa no centro.
Neste lugar meditou o político Gaspar Melchor de Jovellanos, e alí redactou o Memorial en defensa da Xunta Suprema Central.
Primeiro os Mondragón, xa no século XVI, enlazados daquela cos Abraldes e despois co apelido Armada, que pervive aquí, deron vida a esta casa que ten un dos seus maiores encantos na vexetación que a acompaña.
O 11 de decembro de 2001, a propiedade no seu conxunto foi declarada Ben de Interese Cultural.

O xardín do pazo teñen máis de 200 variedades de plantas, moitas delas árbores centenarias, estanques, bancos de pedra, así como o camiño das oliveiras en forma de cruz.
O que fora presidente do Colexio de Farmacéuticos de Pontevedra Esteban Areses Vidal (1888-1984) dixo deste xardín en 1951:
Pocos, muy pocos parquies y jeardines biotánicos, públicos y particulares, sin exceptuar los de muchas capitales de primer orden, pueden ostentar tanta variedad, riqueza y hermosura, no brindar con tanta magnificiencia de naturalea y arte.
Alfonso Armada, que foi propietario, expresou, nun parágrafo revelador, o legado recibido, do que se converteu en celoso conservador:
Santa Cruz de Ribadulla es mi solar. Allí está el pazo, que hoy es jardín, con una casa grande. Pasó de casal a torre, de torre a granja, de granja a jardín ¿cómo se ha formado el parque, cómo se han reunido los libros de la biblioteca, de donde vinieron las plantas?... Esa es la historia del pazo.
Varios exemplares arbóreos deste xardín aparecen no Catálogo de Árbores Senlleiras da Xunta de Galiza. Ademais no mesmo catálogo figuran as formacións de buxos e de oliveiras, como formacións senlleiras.