NESTE CURSO RECIBIMOS A VISITA DUNS CONTACONTOS MOI ESPECIAIS:
O ALUMNADO DE EDUCACIÓN PRIMARIA!
ESTES FORON OS CONTOS LIDOS:
A galiña Roxa atopou uns grans de trigo, sementounos, recolleu a colleita, foi ao muíño, forneou o pan... Pero nin o can, nin o gato nin o pato lle axudaron a facer todo ese traballo, os moi cómodos e nugalláns.
Un conto no que as cousas non son o que parecen. Está formado por imaxes encadeadas nas que a metade da imaxe inicial que se observa non se corresponde coa outra metade da imaxe, causando un efecto sorpresa.Este conto desenvolve a creatividade e a imaxinación dos nenos/as, permitíndolles crear historias a través das imaxes do conto.
Na casa de Guille óense ruídos estraños e ata a súa propia mamá está asustada. Pero Guille atopa a fórmula para desenmascarar os medos.
Conto popular. Esta é a historia dun poliño que un día se atopou cunha bolsa chea de moedas de ouro. Levoulla ao rei; pero aquel rei era moi, moi mesquiño.
Moncho píntao todo: a cama, o mantel, a neveira, o avó... Despois dunha intensa xornada de traballo, insiste, con entusiasmo de pintor, en descubrir o que representa unha mancha de pintura negra sobre un papel branco. A mancha parece que se metamorfosea aos ollos de quen deixa voar a imaxinación pero, na súa teimosa busca, Moncho atópase tamén con persoas incapaces de darlle unha resposta....
Que supón nacer? A miña primeira viaxe é a historia do comezo da vida humana narrada en primeira persoa polo protagonista: un bebé no ventre materno. Un bebé que viaxa dentro do que el percibe como unha cápsula na cal percorre un universo descoñecido. Sabe que iniciou unha viaxe pero non sabe cara a onde. Dentro desa nave, o latexo do corazón da nai, que interpreta como son de motores, dálle seguridade.
GRACIÑAS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS POR COMPARTIR CON NÓS MOMENTOS TAN ESPECIAIS!
Nas últimas semanas os nenos/as entusiasmáronse na realización de colgantes, empregando o material propio do caixón da psicomotricidade fina.
Que materiais precisaban para a súa elaboración?
- Plantilla con debuxos marcados con puntiños
- Punzóns
- Alfombrillas
- Lapis e goma
- Cores Cal foi o proceso?
- Seleccionar o material necesario
- Picar a plantilla
- Decorar o colgante
- Escribir o nome do animal u obxecto
- Perforar e colocar a la dentro do burato
Cales foron os obxectivos a acadar?
- Controlar o dominio do movemento muscular logrando movementos precisos e coordinados
- Desenvolver o control viso motriz (ollo-man)
- Manter a calma e a paciencia picando polos puntos
- Recoñecer o animal u obxecto poñéndolle nome
- Gozar da súa propia creación
MINIA TROUXO Á AULA O CONTO DE "¿CÓMO SE HACE EL ARCO IRIS" DE BETTY ANN SCHWARTZ. LIMOS O CONTO, INVESTIGAMOS SOBRE A APARICIÓN DO ARCO DA VELLA E, EN PEQUENOS GRUPOS, ILUSTRAMOS UNHA DAS SÚAS CORES COA PERSONAXE CORRESPONDENTE QUE A INTRODUCÍA:
- VERMELLO - XOANIÑA
- LARANXA - ZORRA
- AMARELO - POLIÑO
- VERDE - SALTÓN
- AZUL - PAXARO
- VIOLETA - BOLBORETA
DESPOIS DA EXPERIENCIA OCORRÉUSENOS A IDEA DE CREAR O ARCO DA VELLA NO RECUNCHO DE CIENCIAS.
En cada excursión que realizamos neste curso, os nenos/as foron os responsables de apuntar nunha lista os compañeiros/as que trouxeran os cartos da saída, comprobando se a cantidade de euros que depositaban na hucha era a correcta.