PLANTAMOS NA HORTA.
Chegou a primavera e con ela o tempo de comezar a plantación de verduras, hortalizas  e legumes na nosa horta. Aproveitando que o tema de Vedra en Ciencia foron os legumes, sementamos un tipo destas plantas que non sabiamos que eran leguminosas: os cacahuetes. 
Unhas semanas despois plantamos rábanos, acelgas, fabas, espinacas e perexil. 
Tamén comprobamos que os allos que plantamos en xaneiro, medraron moito e moi rápido. 






 





















