mércores, 23 de abril de 2014

O MAGO RICHARD

Con motivo da Semana da Prensa, elaboramos un pequeno xornal coas noticias que os nenos e nenas traían das súas casas. Unha desas novas, falábanos do Mago Richard, mago tecnolóxico que prendía unha bombilla mesturando ciencia con maxia.
Nós, ao igual que o mago Richard, intentamos prender unha bombilla, empregando unha variña máxica e a nosa propia chistera. Os resultados non foron os esperados pero chegamos a unha conclusión moi interesante "Para ser mago hai que estudar moito!".



"ABRA  CADABRA,
PATA  DE  CABRA"







ANIVERSARIOS 2º TRIMESTRE

O último día de cole antes das vacacións de Semana Santa, festexamos os aniversarios de 5 amigos e amigas: XIANA, NURIA, JOEL ESTÉVEZ., ALEJANDRO E ÚRSULA.
Nesta ocasión decidimos facer brochetas de froita, a modo de "buffet libre". Encantounos! Tanto, tanto... que non deixamos nin un anaco!





Moitos parabéns amig@s!

martes, 22 de abril de 2014

PLANTAMOS PIPAS DE CABAZA

DÚAS SEMANAS ANTES DAS VACACIÓNS DE SEMANA SANTA PLANTAMOS PEPITAS DE CABAZAS QUE GARDARAMOS PREVIAMENTE DA CAVEIRA DO SAMAÍN.

O PROCESO FOI O SEGUINTE:

- Separamos todos os recursos que iamos precisar: as pipas de cabaza, un envase de iogur cun burato no centro, substrato e unha botella de auga.

                                                            
















- Dispuxémonos ao redor da mesa.


- Colocamos con moito coidado as dúas pebidas no interior do bote de iogur.










- Presionamos o sustrato e regámolo.










- Agardamos...


- Apareceron os primeiros brotes.


- E tras as vacacións de Semana Santa...


- Plantamos as plantas de cabaza na horta, coa axuda dos nenos e nenas do 1º ciclo de Primaria.
















Grazas compis pola axuda!