sábado, 8 de novembro de 2014

REPENSANDO A ESCOLA

No mes de outubro recibimos no centro a visita do arquitecto Fermín Blanco. Esa visita agochaba unha interesante proposta dirixida á mellora da nosa escola.
O seu proxecto era un proxecto diferente, xa que partía dos intereses de toda a comunidade educativa. Pais, mestres/as e por suposto os nenos/as converteríanse nos creadores e creadoras da nosa nova escola. E como? Pois "repensando a escola", a través dunha reflexión persoal e pedagóxica sobre aquela escola que para nós sería a ideal.

Neste espazo creado, compartiremos con todos e todas vos, ideas, reflexións, recursos e actividades dirixidas á creación dun novo proxecto de escola.


(*) Pinchar no icono que vos levará a páxina superior do blog, á pestana "REPENSANDO A ESCOLA". As actualizacións das novas, colocaranse debaixo deste icono na pestana correspondente.

Ningún comentario:

Publicar un comentario