luns, 13 de xullo de 2015

OS ELEFANTES DO IOGA

UN DÍA ATOPÁMONOS NA ENTRADA DO COMEDOR UNHA IMAXE QUE FORMABA PARTE DA ACTIVIDADE "AS IMAXES INSPIRADORAS", PROPOSTA POLA COORDINADORA DA BIBLIOTECA.
CADA NENO/A EXPRESOU VERBALMENTE O QUE AQUELA IMAXE LLE SUXERÍA, PERCATÁNDONOS QUE NA MAIORÍA DAS REFLEXIÓNS FACÍASE FINCAPÉ EN EXPRESIÓNS RELACIONADAS COA CALMA, A TRANQUILIDADE, A ALEGRÍA...


REPRESENTAMOS INDIVIDUALMENTE A FIGURA DO ELEFANTE, POSTURA QUE XA PRACTICARAMOS DURANTE OS EXERCICIOS DE RELAXACIÓN, PRESTANDO MOITA ATENCIÓN Á RESPIRACIÓN E Á POSICIÓN CORPORAL.


FINALMENTE DEBUXAMOS O NOSO ELEFANTE ACOMPAÑÁNDOO DO TEXTO QUE NOS INSPIRABA A IMAXE, E COLGÁMOLO NA ENTRADA EN FORMA DE MÓBIL CO TÍTULO "OS ELEFANTES DO IOGA".


Ningún comentario:

Publicar un comentario