luns, 22 de xaneiro de 2018

VINDEVÍDEOS

Vídeo gañador do 2º premio no certame VINDEVÍDEOS, convocado pola Consellería de Cultura, Educación e Organización Universitaria

AS PONTES

Este curso dende o Equipo de Biblioteca do centro propuxemos tratar as pontes como núcleo temático de traballo entre os diferentes grupos e aulas do colexio. Nos recunchos  que comezamos esta semana coñeceremos as pontes sobre o río Ulla, construiremos con pezas Lupo a nosa propia ponte e faremos medicións sobre este elemento arquitectónico.

Ademais, no recuncho de ordenadores, imos coñecer como se constrúe unha ponte moderna a través deste vídeo.



E neste outro enlace elaboraremos as nosas propias construcións con pezas.

domingo, 21 de xaneiro de 2018

NORABOA!!!!

 EQUIPO BENXAMÍN MASCULINO


SUBCAMPIÓNS POR EQUIPOS DA ZONA DE SANTIAGO

                                      

domingo, 7 de xaneiro de 2018

INTERCAMBIO DE POSTAIS DE NADAL

Aproveitando que co Concurso de Postais de Nadal do Concello elaboramos este tipo de creacións dende o punto de vista artístico, decidimos afondar un pouco máis e traballar este tipo de texto característico das felicitación de Nadal.

Para iso, comezamos analizando e lendo o contido dalgunhas felicitacións de Nadal extraídas de Internet.




Logo, elaboramos  en gran grupo un exemplo de texto de felicitación a partir das aportacións que ían saíndo.



A continuación, sintetizamos as partes que  compoñen a estrutura tipo dunha felicitación.



Por último, cada un de nós pensou a súa mensaxe e fómolas recollendo por escrito de diferentes modos:

- Os nenos e nenas de 3 anos centráronse en escribir o saúdo, a despedida e o seu nome. Tamén pensaron eles mesmos o contido do corpo da felicitación que foi transcrito polas mestras. Velaquí algúns exemplos do texto e o debuxo:











-  Os alumnos e alumnas de 4 anos combinaron varias estratexias: escribir o texto  pronunciando eles mesmos e escribindo o que oían, escribindo o que era pronunciado polas mestras ou copiado da mensaxe que eles mesmos previamente pensaran.















- Os nenos e nenas de 5 anos, escribiron o texto da postal pronunciando eles mesmos a mensaxe que previamente pensaron e deseñaron.