Para iso, comezamos analizando e lendo o contido dalgunhas felicitacións de Nadal extraídas de Internet.
Logo, elaboramos en gran grupo un exemplo de texto de felicitación a partir das aportacións que ían saíndo.
A continuación, sintetizamos as partes que compoñen a estrutura tipo dunha felicitación.
Por último, cada un de nós pensou a súa mensaxe e fómolas recollendo por escrito de diferentes modos:
- Os nenos e nenas de 3 anos centráronse en escribir o saúdo, a despedida e o seu nome. Tamén pensaron eles mesmos o contido do corpo da felicitación que foi transcrito polas mestras. Velaquí algúns exemplos do texto e o debuxo:
Ningún comentario:
Publicar un comentario