martes, 17 de abril de 2018

ENREDANDO COAS ABELLAS

Xa levamos unhas semanas inmersos na primavera pero no CEIP Ortigueira quixémonos mergullar de cheo nesta estación. Por iso o pasado 21 de marzo, os nenos e nenas de Infantil, realizamos unha saída ao Enredo do Abelleiro en Arzúa.

Recibiunos o equipo ao completo do museo para explicarnos brevemente e de forma moi lúdica en que consiste o mundo das abellas.





A continuación, dividímonos en dous grupos que realizaron paralelamente e á inversa dúas actividades diferentes. Un dos grupos desenvolveu o obradoiro de apicultores. Colocamos toda a vestimenta necesaria para protexernos dos aguillóns das nosas amigas as abellas. 
Aquí estamos completamente ataviados!




Tras vestirnos, os monitores conducíronnos ata o obradoiro onde almacenan o material que precisan para coidar das colmeas. 





Logo visitamos as colmeas e alí puidemos ver moi de preto a forma de vida das abellas. Resultounos moi interesante coñecer como é o día a día dunha colmea e saber como pasaron o invernos estes insectos. Sentímonos verdadeiros apicultores e apicultoras. 







Observamos os dous tipos de colmea que existen no Enredo: a tradicional e a máis moderna.



E por fin, puidemos ver a abella raíña dunha colmea. Custounos un pouco atopala pero, ao final, vímola reodeada dos seus zánganos.



Mentres uns probamos a ser apicultores, os outros coñeceron o procesado do mel para conseguir o produto final que todos mercamos algunha vez. Así que baixamos e baixamos, ata chegar á sala de envasado.





Alí os nos compañeiros Pello e Zoe, fixeron unha demostración a modo de exemplo para os dous grupos.



Ata deseñaron e lle puxeron ao envase a etiqueta. 



E por suposto, os que o desexamos tamén probamos o doce manxar...




Ademais, faláronnos de por que o mel ten diferentes tonalidades. Unha pista: está relacionado coas flores. 


E das especies invasoras que ameazan a existencia das abellas.


Moitas grazas ao equipo do Enredo do Abelleiro pola xornada e todas as actividades que nos prepararon.

Ningún comentario:

Publicar un comentario