Esta semana que rematou, recibimos a visita de Rocío que veu compartir con nós todos o gran coñecemento que posúe dun país que xa coñeciamos de ter traballado nos recunchos dedicados á Xeografía: Italia.
Na súa exposición, Rocío contou coa colaboración do noso compañeiro Marco. Xuntos faláronnos de lugares emblemáticos do país con forma de bota.
E tamén dalgunhas tradicións que nos deixaron coa boca aberta...
Ademais, achegámosnos ao italiano da man desta canción dedicada ás cores.
E á literatura italiana a través do popular conto Pinocho. Aquí atoparédelo en versión tradicional e noutra máis actualizada.
Ningún comentario:
Publicar un comentario