O 30 DE XANEIRO LEMBRAMOS O DÍA DA PAZ A TRAVÉS DO CONTO “O
HOMIÑO DE PAPEL” DE FERNANDO ALONSO.
VISUALIZAMOS EN INTERNET O CONTO EN CASTELÁN E GUSTONOS TANTO QUE DECIDIMOS CREAR O NOSO PROPIO HOMIÑO DE PAPEL COS
XORNAIS QUE AS FAMILIAS APORTARON.
COMO NON QUERIAMOS QUE O HOMIÑO DE PAPEL FORA FEITO CON
PALABRAS TRISTES QUE LEMOS TODOS OS DÍAS NA PRENSA, DECIDIMOS ESCRIBIR EN GRUPO
AQUELAS PALABRAS QUE NOS FACÍAN SENTIR BEN.
CANDO CHEGAMOS Á AULA ATOPAMOS AO HOMIÑO DE PAPEL.
O HOMIÑO DE PAPEL AGORA ERA DE CARTÓN! QUE PODERIAMOS FACER
PARA TRANSFORMALO NO HOMIÑO DE PAPEL? RAPIDAMENTE OCORRÉUSENOS UNHA IDEA…
POR QUE NON O CUBRIMOS CON PAPEL DE XORNAL E PEGÁMOSLLE AQUELAS
PALABRAS QUE NOS GUSTAN, QUE NOS FAN SENTIR BEN. DITO E FEITO!
AGORA O HOMIÑO DE PAPEL XA PODERÁ CONTAR NOVAS HISTORIAS,
HISTORIAS QUE NOS FAGAN SENTIR.
Ningún comentario:
Publicar un comentario