AO FINALIZAR O 1º TRIMESTRE, O ALUMNADO VISUALIZA AS ACTIVIDADES IMPRESAS REALIZADAS DE MANEIRA INDIVIDUAL.
ALGÚNS NENOS/AS PREFIREN LELAS SOS E OUTROS/AS ACOMPAÑADOS/AS.
Un espazo virtual para compartir ideas, experiencias e emocións entre toda a comunidade educativa.
sábado, 10 de xaneiro de 2015
COMO NOS SENTIMOS?
As emocións forman parte da vida da
aula. Dende que entramos no colexio ata que saímos, sentimos cousas que en moitas ocasións
non sabemos explicar. Tampouco detectamos cal é a súa orixe, nin qué debemos facer cando xorden eses sentimentos dentro de nós.
Xestionar as emocións
é unha tarefa complexa pero moi potente xa que condiciona a nosa aprendizaxe. Sentirse ben cun mesmo e cos demais crea un clima óptimo no
desenvolvemento do proceso de ensinanza-aprendizaxe, e nós, como docentes,
debemos crealo.
Como?
- Permitindo que os
nenos/as expresen como se senten
- Resolvendo os
conflitos que xorden na aula, valorando a súa importancia e escoitando todas as partes implicadas
- Desenvolvendo
actividades en gran grupo, onde se favorezan as relacións sociais
- Empregando unha
linguaxe axeitada: os sentimentos teñen nome
Unha das actividades que traballamos na aula é exteriorizar como nos sentimos.
Empregamos as imaxes do conto "Unha manchea de bicos", lido pola mestra Lara no trimestre pasado. Nesas imaxes puidemos identificar 4 estados de ánimo: Content@, Triste, Enfadad@, Asustad@. Elaboramos un taboleiro no que os nenos/as diariamente, e de maneira autónoma e opcional, expresan como se senten. Visualizalo no taboleiro axúdalles a exteriorizalo, interiorizando esa linguaxe no seu vocabulario e poñéndoa en práctica na súa vida cotiá.
CONTENT@
TRISTE
ENFADAD@
ASUSTAD@
Agradecerlle á mestra Lara a realización e envío das fotografías. Moitas grazas profe!
CHEGA O INVERNO...
REPRESENTAMOS AS ESTACIÓNS DO ANO EMPREGAMOS DISTINTOS MATERIAIS, ASÍ COMO AQUELAS CORES QUE NOS FACÍAN SENTIR CADA UNHA DELAS:
VERMELLO, MARRÓN - OUTONO
AZUL, NEGRO - INVERNO
VERDE, AMARELO E AZUL - PRIMAVERA
AMARELO, ROSA E VERDE - VERÁN
VERMELLO, MARRÓN - OUTONO
AZUL, NEGRO - INVERNO
VERDE, AMARELO E AZUL - PRIMAVERA
AMARELO, ROSA E VERDE - VERÁN
POÑEMOS EN MARCHA O SUPERMERCADO
REMATAMOS O PRIMEIRO TRIMESTRE ORDENANDO O RECUNCHO DO XOGO SIMBÓLICO, QUE NOS PERMITIU CREAR UN ESPAZO PROPIO PARA O SUPERMERCADO.
- SELECCIONAMOS O MATERIAL EN GRUPOS, ATENDENDO A SÚA FUNCIONALIDADE.
- CLASIFICAMOS OS ALIMENTOS.
- ETIQUETAMOS OS ESTANTES HABILITADOS PARA O SUPER.
GALICIA NO MAPA
O ALUMNADO DE 5 ANOS SITUOU AS PROVINCIAS DE GALICIA NO MAPA, RELACIONANDO CADA UNHA DELAS COAS SÚAS PROPIAS VIVENCIAS.
- É onde eu nacín.
- O meu curmán vive alí.
- Lugo, a terra da Princesa do Caurel.
- Viaxei cos meus pais!
- Viaxei cos meus pais!
- ...
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

