As emocións forman parte da vida da
aula. Dende que entramos no colexio ata que saímos, sentimos cousas que en moitas ocasións
non sabemos explicar. Tampouco detectamos cal é a súa orixe, nin qué debemos facer cando xorden eses sentimentos dentro de nós.
Xestionar as emocións
é unha tarefa complexa pero moi potente xa que condiciona a nosa aprendizaxe. Sentirse ben cun mesmo e cos demais crea un clima óptimo no
desenvolvemento do proceso de ensinanza-aprendizaxe, e nós, como docentes,
debemos crealo.
Como?
- Permitindo que os
nenos/as expresen como se senten
- Resolvendo os
conflitos que xorden na aula, valorando a súa importancia e escoitando todas as partes implicadas
- Desenvolvendo
actividades en gran grupo, onde se favorezan as relacións sociais
- Empregando unha
linguaxe axeitada: os sentimentos teñen nome
Unha das actividades que traballamos na aula é exteriorizar como nos sentimos.
Empregamos as imaxes do conto "Unha manchea de bicos", lido pola mestra Lara no trimestre pasado. Nesas imaxes puidemos identificar 4 estados de ánimo: Content@, Triste, Enfadad@, Asustad@. Elaboramos un taboleiro no que os nenos/as diariamente, e de maneira autónoma e opcional, expresan como se senten. Visualizalo no taboleiro axúdalles a exteriorizalo, interiorizando esa linguaxe no seu vocabulario e poñéndoa en práctica na súa vida cotiá.
CONTENT@
TRISTE
ENFADAD@
ASUSTAD@
Agradecerlle á mestra Lara a realización e envío das fotografías. Moitas grazas profe!
Ningún comentario:
Publicar un comentario