luns, 16 de febreiro de 2015

AS PARTES DUNHA FLOR

Previamente ao debuxo da Camelia, investigamos sobre as partes elementais dunha flor. Puidemos observar que a camelia se compuña de pétalos, estambres (órgano masculino), pistilos (órgano feminino), talo e follas.








Recolléndoo nas nosas composicións...


XX XORNADAS ARREDOR DA CAMELIA

A Asociación Amigos da Camelia do Val do Ulla en colaboración co concello de Vedra organizan as XX Xornadas arredor da Camelia, que este ano lucirán co seu máximo esplendor o día 22 de febreiro na Casa da Estación de Tren de Santa Cruz de Ribadulla.


domingo, 8 de febreiro de 2015

OS MANDADIÑOS DA SEÑORA CARME

XA CHEGOU O ANTROIDÓN
CUN GRAN NOTICIÓN!
CADA DÍA DA SEMANA...
CUNHA COUSA PREPARADA!

Os mandadiños da SEÑORA CARME son:


LUNS 9: UNHA GARABATA BEN “GHUAPA”.



MARTES 10: UNHA PERRUCA BEN CUCA.



MÉRCORES 11: UN MANDIL DE CORES MIL.



XOVES 12: UN PAR DE CALCETÍNS DISTINTOS SEN FIN.



VENRES 13: E O VENRES DISFRAZADOS, ESTE ANTROIDO REMATAMOS.

MÁQUINA REXISTRADORA

NURIA ensinounos a súa MÁQUINA REXISTRADORA e descubrimos moitas das súas características:

- Números para escribir o prezo
- Pantalla con números
- Caixa para gardar os cartos
- Lector de código de barras
- Lector de tarxeta de crédito
- Micrófono
- Bandexa para colocar os produtos
-


Clasificamos os billetes pola súa cor-número, xogando a atopar aos compañeiros/as que tiñan esa mesma cor.
Finalmente ilustramos a Máquina Rexistradora, identificando os números que nela observábamos e escribindo o seu nome.

 

domingo, 1 de febreiro de 2015

REPENSANDO A ESCOLA



(*) Pinchando na imaxe podedes acceder aos últimos avances na maqueta.

DE QUE NOS IMOS DISFRAZAR?


O HOMIÑO DE PAPEL

O 30 DE XANEIRO LEMBRAMOS O DÍA DA PAZ A TRAVÉS DO CONTO “O HOMIÑO DE PAPEL” DE FERNANDO ALONSO.


VISUALIZAMOS EN INTERNET O CONTO EN CASTELÁN E GUSTONOS TANTO QUE DECIDIMOS CREAR O NOSO PROPIO HOMIÑO DE PAPEL COS XORNAIS QUE AS FAMILIAS APORTARON.



COMO NON QUERIAMOS QUE O HOMIÑO DE PAPEL FORA FEITO CON PALABRAS TRISTES QUE LEMOS TODOS OS DÍAS NA PRENSA, DECIDIMOS ESCRIBIR EN GRUPO AQUELAS PALABRAS QUE NOS FACÍAN SENTIR BEN.


CANDO CHEGAMOS Á AULA ATOPAMOS AO HOMIÑO DE PAPEL.


O HOMIÑO DE PAPEL AGORA ERA DE CARTÓN! QUE PODERIAMOS FACER PARA TRANSFORMALO NO HOMIÑO DE PAPEL? RAPIDAMENTE OCORRÉUSENOS UNHA IDEA…
POR QUE NON O CUBRIMOS CON PAPEL DE XORNAL E PEGÁMOSLLE AQUELAS PALABRAS QUE NOS GUSTAN, QUE NOS FAN SENTIR BEN. DITO E FEITO!



AGORA O HOMIÑO DE PAPEL XA PODERÁ CONTAR NOVAS HISTORIAS, HISTORIAS QUE NOS FAGAN SENTIR.