domingo, 22 de febreiro de 2015

FESTIVAL ANTROIDO 2015

Preparándonos para a actuación...























Na Casa da Cultura...















Merendando os postres de Antroido...









FELIZ ANTROIDO 2015!

EXPOSICIÓN DA CAMELIA 2015




COMPOSICIÓN REALIZADA POLA ANPA E ALUMNADO DO CEIP ORTIGUEIRA: 

"O SISTEMA SOLAR"


martes, 17 de febreiro de 2015

OS EXPERIMENTOS DA AUGA

No primeiro trimestre do curso o alumnado de Educación Infantil explicou aos compañeiros de Primaria aqueles experimentos realizados para o programa "Vedra en Ciencia".

- O CICLO DA AUGA (alumnado de 5 anos)





- A DEPURADORA (alumnado de 4 anos)





- OS XOGOS DA AUGA (alumnado de 3 anos)



luns, 16 de febreiro de 2015

A CANDELORIA

A  CANDELORIA


Na catedral do abrente
oxe cásans' os paxaros,
con nubens de neve e ouro
está o ceo galanado.

Ficou o día ancorado
na ría donda do ceo.
Os roibens soben no lonxe
como rosarios d' encenso.

O xantar do casamento,
roibo, na palma da man
das eiras madrugadoras
xa está arranxado no val.

Vai tocando pol-o campo
a sua zanfona o rego
e canta o vento nas farpas
sonorosas dos piñeiros.

O campo as montanas ruzas
envolve en capa pluvial
co hisopo do sol mollado
dalles a beizón nupcial.

Do casebre nugallán
soben os vivas dos galos
e na festa d' esta noite
estrena un luar o campo.


Mónica B. Suárez Groba

AS MANCHAS DA VACA

COMO PROPOSTA ALTERNATIVA Á ACTIVIDADE DAS CUADRÍCULAS, PROPUXÉMOSLLE AOS NENOS/AS EN PEQUENOS GRUPOS CONTAR AS MANCHAS DA VACA E SITUALAS NO SEU LUGAR CORRESPONDENTE.







CONSTRUÍMOS MAQUETAS

A partires das maquetas mostradas polos nosos compañeir@s de Primaria, decidimos construír maquetas empregando o material do recuncho das construcións.


Este foi o proceso...


Este o resultado...



Como toda exposición,  precisamos dun público: as familias e os compañeiros/as do cole. E que mellor maneira de convidarvos a todos e a todas vos que a través da elaboración dun cartel... 

MOCHILA VIAXEIRA 2015

Dende as Bibliotecas Escolares de Galicia están chegando aos centros públicos de ensino primario e secundario de todo o país unhas mochilas destinadas a poñer en marcha a iniciativa MOCHILAS VIAXEIRAS, unha actividade que xa está en marcha nalgúns centros educativos baixo distintos nomes e fórmulas. A mochila viaxeira permite á biblioteca escolar o contacto coas familias nunha actividade que pretende a súa colaboración na formación dos lectores e lectoras máis novos.




A temática escollida neste curso polo equipo de Bibliotecas Escolares foi a MATEMÁTICA, disciplina que se atopa moi presente nas aulas dende os comezos da escolarización.
Para o alumnado de 4º e 5º de E.I. os libros seleccionados foron:

"Diez patitos de goma". Eric Carle. Editorial Kókinos
"Tangrams magnéticos". Combel Editorial.