luns, 16 de febreiro de 2015

MOCHILA VIAXEIRA 2015

Dende as Bibliotecas Escolares de Galicia están chegando aos centros públicos de ensino primario e secundario de todo o país unhas mochilas destinadas a poñer en marcha a iniciativa MOCHILAS VIAXEIRAS, unha actividade que xa está en marcha nalgúns centros educativos baixo distintos nomes e fórmulas. A mochila viaxeira permite á biblioteca escolar o contacto coas familias nunha actividade que pretende a súa colaboración na formación dos lectores e lectoras máis novos.




A temática escollida neste curso polo equipo de Bibliotecas Escolares foi a MATEMÁTICA, disciplina que se atopa moi presente nas aulas dende os comezos da escolarización.
Para o alumnado de 4º e 5º de E.I. os libros seleccionados foron:

"Diez patitos de goma". Eric Carle. Editorial Kókinos
"Tangrams magnéticos". Combel Editorial.





Ningún comentario:

Publicar un comentario