xoves, 10 de abril de 2014

SARABIANDO

Sarabia no CEIP Ortigueira

Hoxe, 11 de Abril, a eso das 18:00, cando estabamos en clases de Inglés con Maive, empezou a sarabiar...

 ...Pero de que maneira!!!!!!!












POR SE VOS PARECE MENTIRA, AÍ VAN UNS VÍDEOS!!!




venres, 4 de abril de 2014

ADIVIÑA... ADIVIÑANZA...

SARA E LÚA SORPRENDÉRONNOS CUN XOGO NO QUE OS NENOS E NENAS TIÑAN QUE ADIVIÑAR QUE OBXECTO ERA O QUE COMPUÑAN OS SEUS COMPAÑEIR@S.


1. Dividíronnos en dous grupos, escollidos ao azar a través da serie numérica do 0-5


2. Reorganizáronnos para realizar a composición



3. Adiviña... adiviñanza...

ESTRELA
TRIÁNGULO
CORAZÓN
CARTEL
4. E finalmente unímonos todos á composición

MARCO DE FOTOS
MOITAS GRAZAS LÚA E SARA!

HANSEL E GRETEL

LÚA, FRAN, YOSI, MIGUEL E DAVID INTERPRETARON O CONTO "HANSEL E GRETEL", EMPREGANDO COMO SOPORTE VISUAL AS ILUSTRACIÓNS DO CONTO E  COMO SOPORTE AUDITIVO UNHA SERIE DE PEZAS DE MÚSICA CLÁSICA DA ÓPERA HANSEL E GRETEL.









PARABÉNS COMPIS!

É RARA MAKEKE?

Daniel, Rocío e Paula presentáronnos o conto a través da seguinte pregunta: "É rara Makeke?"


"É rara Makeke?" é un relato da escritora cordobesa Magda Soldado, ilustrado por Éumés Jacobo Muñiz, no que unha formiga chamada Makeke vive feliz coas súas compañeiras no deserto, pero un día de treboada, por efecto do vento, é transportada a un lugar moi afastado onde sofre a discriminación e o desprezo dos seus habitantes.





O conto suscitou moito interese entre os nenos e as nenas de Infantil, xurdindo cuestións relacionadas coa historia da formiga:

- Por que as formigas viven nun formigueiro?
Os nosos compañeir@s de Primaria fixeron as súas hipóteses: "As formigas viven no formigueiro porque alí non as pisan, porque non lles quitan a súa comida, porque protéxense dos animais depredadores..."

- Como se sente a formiga?
Esta segunda cuestión foi rapidamente respostada polos propios nen@s de Infantil: "Mira a imaxe da portada, a formiga séntese triste... ten os ollos pequeniños e miran cara abaixo..."

Graciñas amig@s!

A VELLA NA BOTELLA

As nosas compañeiras INÉS, ANA e REBECA viñeron ás aulas de Infantil a enchelas de emoción e misterio a través deste conto máxico: A vella na botella, da Editorial OQO.









Unha bruxa de pelo roxo, farta das queixas da súa veciña, decide un día lanzarlle un meigallo terrible e encerrala nunha botella: 

Carne de burro, carne de can, 
que te leve o furacán!

Por sorte, unha fada do bosque libera á vella do seu encerro e cúmprelle o seu desexo: vivir nunha casiña con horta, vacas e galiñas; pero a desagradecida muller axiña se mostrará descontenta e aspirará a unha vida mellor.




MOITAS GRAZAS AMIGAS!

luns, 31 de marzo de 2014

LEÓN MARIÑO

PABLO TRÓUXONOS Á CLASE UN PELUCHE DUN LEÓN MARIÑO.
AO PRINCIPIO PENSAMOS QUE ERA UNHA FOCA, PERO ATOPAMOS ALGUNHA CARACTERÍSTICA QUE OS DIFERENCIABA: OÍDOS EXTERNOS.


                                                    

CREBACABEZAS EN GRUPO

O OUTRO DÍA IVÁN, GAEL E ARIADNA DESCUBRIRON UN NOVO XOGO QUE LEVA CON NÓS DENDE O PRIMEIRO DÍA NA AULA. NON LLE PRESTARAMOS ATENCIÓN ATA QUE ALGUÉN DIXO "UFF, QUE DIFÍCIL, CANTAS PEZAS XUNTAS".

A MESTRA BOTOUNOS UNHA MAN PARA SEPARAR AS PEZAS POR GRUPOS


UNHA VEZ SEPARADAS AS PEZAS, OBTIVEMOS 4 CREBACABEZAS DIFERENTES.
BRAIS INCORPOROUSE AO TRABALLO E VEUNOS MOI BEN, XA QUE DESA MANEIRA CADA NEN@ FARÍA UN CREBACABEZA (4-4)


PARA FACILITAR O TRABALLO EN XOGOS POSTERIORES, DECIDIMOS COLOCAR GOMETS DE DIFERENTE COR PARA CADA GRUPO DE CREBACABEZAS




E ASÍ QUEDARON UNHA VEZ MONTADOS...


ENSINÁMOSLLE AOS COMPIS O QUE FIXERAMOS 
E XOGAMOS EN PEQUENOS GRUPOS