luns, 31 de marzo de 2014

CREBACABEZAS EN GRUPO

O OUTRO DÍA IVÁN, GAEL E ARIADNA DESCUBRIRON UN NOVO XOGO QUE LEVA CON NÓS DENDE O PRIMEIRO DÍA NA AULA. NON LLE PRESTARAMOS ATENCIÓN ATA QUE ALGUÉN DIXO "UFF, QUE DIFÍCIL, CANTAS PEZAS XUNTAS".

A MESTRA BOTOUNOS UNHA MAN PARA SEPARAR AS PEZAS POR GRUPOS


UNHA VEZ SEPARADAS AS PEZAS, OBTIVEMOS 4 CREBACABEZAS DIFERENTES.
BRAIS INCORPOROUSE AO TRABALLO E VEUNOS MOI BEN, XA QUE DESA MANEIRA CADA NEN@ FARÍA UN CREBACABEZA (4-4)


PARA FACILITAR O TRABALLO EN XOGOS POSTERIORES, DECIDIMOS COLOCAR GOMETS DE DIFERENTE COR PARA CADA GRUPO DE CREBACABEZAS




E ASÍ QUEDARON UNHA VEZ MONTADOS...


ENSINÁMOSLLE AOS COMPIS O QUE FIXERAMOS 
E XOGAMOS EN PEQUENOS GRUPOS






Ningún comentario:

Publicar un comentario